El gobierno vigués recibió ayer la comunicación de la Comisión Superior de Urbanismo de Galicia relativa a las propuestas municipales para construir en cuatro puntos de la ciudad próximos al litoral donde lo prohibe la normativa. La excepción solicitada por el Concello y que ha sido incluida en el nuevo Plan General fue debatida en este organismo autonómico el pasado 4 de octubre, pero el acuerdo concreto no fue conocido hasta ayer.

Según la consellería, los miembros de la comisión decidieron, “por unanimidad”, pedir al ayuntamiento que “envíe nueva documentación justificativa de la corrección de errores al considerar como urbanizables determinados terrenos incluidos en la franja de cien metros de protección costera. También se pide que se justifique la calificación del suelo y las alternativas de viabilidad económica en las operaciones urbanísticas de los ámbitos costeros objeto de de la reducción de su especial protección”. La documentación afecta a los ámbitos de Oia-Saiáns, Coruxo-Samil, Samil-Alcabre y Ríos-Roteta, en Teis.

Fuente: La Voz de Galicia, Faro de Vigo

none

Dentro da Dirección Xeral de Urbanismo, a conselleira anunciou que se está a traballar para que a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística se poña no último trimestre de 2007. Cun orzamento de 408.000 euros para a dotación de recursos humanos necesarios, actualmente estanse a negociar os seus estatutos coa Federación Galega de Municipios e Provincias, no marco da comisión de traballo do Pacto Local.

A Dirección Xeral de Urbanismo (que conta cun orzamento total de 50,96 millóns de euros), ten unha capacidade de investimentos directos para 2007 de 23,7 millóns de euros, dos cales 18,8 millóns son para obra nova.

Entre as obras a realizar en materia de urbanismo cabe salientar:

Auditorio de Marín: Orzamento para 2007 1,4 M€, coste total da obra 3,5 M€

Auditorio de Redondela: Orzamento para 2007 1 M€, coste total da obra 1,77 M€

Auditorio de Ferrol: Orzamento para 2007 1,6 M€, coste total da obra 7,2 M€

Auditorio de Lugo: Orzamento para 2007 3,6 M€, coste total da obra 12,2 M€

Senda dos faros: Orzamento para 2007 0,5 M€

Doutra banda, a Dirección Xeral de Urbanismo tamén contempla axudas para a mellora de contornos urbanos dos concellos, cunha contía de 15 millóns de euros, dos cales 5 M van destinados ao Auditorio de Vigo.

Así mesmo, para o vindeiro ano destinarase unha partida de 6,4 millóns de euros a subvencionar aos concellos para que acometan a redacción dos seus planeamentos urbanísticos.

O obxectivo desta partida é mellorar a calidade da planificación urbanística municipal, dos seus PXOMS e dos planeamentos de desenvolvemento. A día de hoxe, 122 concellos teñen concedidas subvencións o planeamento. Para o vindeiro ano, con esta dotación orzamentaria preténdese duplicar o número de concellos beneficiarios de axudas para adaptar e revisar o seu planeamento.

Fonte: Xunta de Galicia

none

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) e a Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial (CPTOPT) da Xunta de Galicia organizan o I Congreso Internacional de Territorio e Urbanismo. O Espazo Litoral: métodos e argumentos para o desenvolvemento e protección (CITUR’06), que se celebrará os días 23, 24 e 25 de novembro no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, cunha asistencia prevista entre 500 e 800 persoas. Colaboran coa organización as tres universidades galegas e o Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais de Portos de Galicia.

Segundo o director do congreso, Luciano Alfaya, “prentendemos esclarecer o que está a acontecer no territorio galego e definir novas oportunidades para a súa mellora, resaltando a importancia da planificación na sociedade contemporánea e no desenvolvemento social e económico dun determinado territorio”. O programa inclúe a intervención de prestixiosos urbanistas europeos, como Nuno Portas, arquitecto portugués recentemente galardoado pola Unión Internacional de Arquitectos, ou Rinio Brutomesso, director de Cittá de Aqua, un organismo internacional de estudo do desenvolvemento das frontes marítimas.

CITUR’06 analizará con sentido crítico situacións semellantes a Galicia, especialmente o que se está a dar en Asturias, Euskadi, Cataluña e Andalucía. Sociólogos, avogados, enxeñeiros, xeógrafos e arquitectos van presentar métodos e solucións para intervir no territorio, e considerar o seu aproveitamento en Galicia. O congreso finalizará cun debate aberto con cinco relatorios a cargo dos máis destacados urbanistas galegos, e no que están convidados a participar todos os axentes que interveñen na planificación do espazo litoral. A día de hoxe está confirmada a intervención nese debate do decano do COAG Celestino García Braña, o director xeral de Urbanismo da CPTOPT Ramón Lueje, o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo Daniel Pino e os urbanistas Juan Luis Dalda e Ánxel Viña. O director de congreso, Luciano Alfaya, indica que estas intervencións achegarán as visións dos planificadores, que parecen afastadas da comprensión global da sociedade.

Fonte: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes

none

Categorías

publicidad

Enlaces

    Si quieres ENLLAVE en tu correo:

Escribe tu email:

Desarrollado por FeedBurner

Latest Pins on Pinterest

  • Natural Stick II, Tokyo | EDH Endoh Design House

  • Seattle by Rick Murphy

  • casa Walther Moreira Salles, Rio de Janeiro by Olavo Redig de Campos (1951)

  • Casa Natalia by Agraz Arquitectos

  • Interesting Presentation / Drawing Style. Very effective, simple and understandable

  • On-landscape_landschaft-by-michael-reisch1_021_full

  • http://hanneshenz.ch/files/gimgs/35_0726028894cg0726028908.jpg

  • Patchwork perfection. Tulip Fields

  • Cardboard Curtains Stand for ADIGSA | Indissoluble.com. Stands, multimedia, arquitectura efímera, exposiciones.

  • atelier522 | Artikel

Current CO2 level in the atmosphere

 

Puedes seguir a Enllave en:

  • Pinterest
  • Twitter
  • Issuu
 

archivos

tag cloud

publicidad