A Mesa de Contratación decidiu onte que 4 equipos de arquitectura de Madrid e 1 de Vigo optarán a construír o Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL). Nesta segunda fase, os seleccionados terán que presentar o seu anteproxecto na primeira quincena de marzo e defendelo nunha exposición pública. Por outra banda, o museo conta cunha nova inxección económica: 250.000 euros concedidos pola Dirección Xeral de Belas Artes do Ministerio de Cultura.

Este investimento foi pechado a pasada semana polo Alcalde cos responsables da Dirección Xeral de Belas Artes. López Orozco confirmou esta mañá que “os 250.000 euros, tal e como se compremetera o Director Xeral de Belas Artes, engadirémolos ós 6 millóns de euros cos que conta o Concello para a construcción do edificio”.

Ó mesmo tempo, o Alcalde deu conta dos 5 equipos de arquitectura que foron seleccionados dun total de 20 para presentar o anteproxecto para o MIHL. Trátase de:

-JUNQUERA ARQUITECTOS S.L. (Madrid). Gañadores de numerosos concursos internacionais e nacionais. Fixeron o Plan Especial para a integración do ferrocarril en Xixón; desenvolvemento da actuación do Porto en Arrecife, Lanzarote; rehabilitación da Biblioteca Nacional en Madrid; edificio emblemático das oficinas Caja Madrid na capital española; profesor da Escola Técnica Superior de Arquitectura en Madrid…

-ALFONSO PENELA FERNÁNDEZ. (Vigo).
Deseñou varios edificios do campus de Vigo e, en colaboración co estudio EMBT, tamén realizou a reodenación do Campus olívico. Deseñou centros de saúde na provincia de Pontevedra…

-NIETO SOBEJANO ARQUITECTOS S.L. (Madrid). Profesores da Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid; ten varias publicacións; gañou prestixiosos concursos como o do Museo e sede do Instituto Madinat Al-Zahra de Andalucía; Museo para o Arte Expresionista no Castelo de MoritzBurg de Alemaña; Museo Canario, nas Palmas; Museo San Telmo en San Sebastián; Museo Artístico Contemporáneo en Córdoba; Pazo de Congresos e Exposicións de Mérida…

-MANSILLA TUÑÓN ARQUITECTOS S.L. (Madrid). Gañadores de numerosos concursos de museos provinciais como, por exemplo, o de Zamora; Auditorio de León; Museo de Belas Artes de Castellón; Museo de Arte Contemporánea de Castela e León; Fundación Pedro Barrié de la Maza de Vigo; Museo de Colecciones Reales en Madrid; son ademais profesores invitados en escolas de arquitectura de todo o mundo…

-Ute ANDRÉS PERA ORTEGA EUROESTUDIOS S.L. (Madrid). Responsable do deseño de varios hospitais; gañadores do concurso internacional Urban ideas competition para a nova cidade multifuncional e administrativa en Corea; nova Sede da Biblioteca Pública do Estado en Santiago de Compostela; varios edificios administrativos da Xunta de Galicia en San Lázaro; desenvolvemento do proxecto executivo e dirección de obra da Cidade da Cultura de Santiago, etc.

Descartados os suízos

O Mesa de Contratación descartou a proposta dun equipo suízo que optaba a participar neste concurso. Esta empresa incumpriu, polo menos, 3 requisitos formais ó presentar a documentación da súa candidatura, razón pola que tivo que ser descartada. “Sentímolo moito porque son personas novas… pero as formalidades son moi importantes na vida democrática”, afirmou o Alcalde.

2ª fase do concurso

Para a segunda fase, os 5 equipos terán que presentar o seu anteproxecto na primeira quincena de marzo, aproximadamente o día 9. Haberá entón 4 días intensos de traballo, segundo o calendario establecido. O primeiro día procederase á apertura dos traballos e á súa análise. O segundo día, daranse a coñecer 3 anteproxectos; o terceiro, 2 anteproxectos e tamén está prevista a celebración dunha mesa de debate; e, o cuarto día, terán lugar as deliberacións e conclusións.

none

A Mesa de Contratación que está a baremar as solicitudes de participación para construír o Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) reunirase de novo o luns, a partir das once da mañá, no Salón de Plenos.

Esta mesa está composta por políticos e técnicos, que están a escoller entre os traballos presentados por 20 equipos de arquitectos de todo o mundo.

Na reunión do luns tomarase unha decisión sobre a entrada a concurso ou non da empresa suíza que presentou a súa solicitude fóra de prazo. Tamén tomarán nesa última reunión unha decisión sobre os cinco equipos escollidos para presentar o proxecto entre os que se escollerá o gañador.

none

20 equipos de arquitectos presentaron a súa solicitude para optar a construír o Museo Interactivo da Historia de Lugo, o xa coñecido como MIHL. Dentro da primeira fase do concurso para a redacción do proxecto construtivo, a mesa de contratación comezou esta mañá a estudar e baremar as solicitudes de participación para seleccionar os 5 equipos mellores. De eles sairá escollido, na próxima fase, a proposta definitiva.

“Hai un mes e medio aproximadamente que se fixo esta convocatoria pública. Acudiron 20 equipos procedentes de toda España”, informaba o Alcalde de Lugo minutos antes de entrar na reunión. Esta primeira fase era de libre concorrencia e, debido á contía do museo, o anuncio tamén saiu publicado no Diario Oficial da Comunidade Europea. Segundo se establece nas cláusulas, cada licitador non podía presentar máis dunha proposición.

“Lugo da un paso máis para modernizar a súa estrutura museística e turística”, afirmou o Alcalde. López Orozco prevé que no mes de abril será adxudicado o proxecto gañador coa fin de que as obras comecen no ano 2007 e “espero que o museo sexa realidade no prazo aproximado de 2 anos”.

O concurso ten por obxecto seleccionar a proposta que resulte máis idónea para a construcción do MIHL, dedicado á historia da cidade e cunha área de recepción de visitantes. Búscase, como se destaca nas cláusulas, un “museo innovador e referente, en concepción e funcionamento, alentador da imaxe da cidade”.

As empresas presentadas son:
1.- ESTUDIO ARQUITECTURA AYALA
2.- ANDRÉS FERNÁNDEZ-ALBALAT LOIS
3.- TEMPERATURAS EXTREMAS ARQUITECTOS S.L.
4.- JUNQUERA ARQUITECTOS S.L.
5.- XOSÉ MANUEL LÓPEZ MIHURA
6.- ALFONSO PENELA FERNÁNDEZ
7.- MURADO & ELVIRA ARQUITECTOS
8.- PEDRO QUERO ARQUITECTOS S.L.
9.- ÁNGEL FERNÁNEZ ALBA (ARQ.ASOC.S.L)
10.- PLÁCIDO LIZANCOS MORA
11.- ECOSISTEMA URBANO ARQUITECTOS S.L.
12.- AV6´2 ARQUITECTOS
13.- NIETO SOBEJANO ARQUITECTOS S.L.
14.- HORACIO FERNÁNDEZ DEL CASTILLO
15.- MANSILLA TUÑÓN ARQUITECTOS S.L.
16.- ANDRÉS PEREA ORTEGA EUROESTUDIOS S.L.
17.- BESADA Y FAILDE ARQUITECTOS S.L.
18.- ESTUDIO DL+A
19.- IRISARRI-PIÑEIRA S.L.N.E.
20.- LABORATORIO DE ARQUITECTURA S.L.

Máis información na páxina do Concello de Lugo

none

Categorías

publicidad

Enlaces

    Si quieres ENLLAVE en tu correo:

Escribe tu email:

Desarrollado por FeedBurner

Latest Pins on Pinterest

  • Bautizado como "BIQ House", el recientemente inaugurado edificio consiste en una fachada de algas bio-adaptativa. Según los autores, la fachada de la "BIQ House" está diseñada de tal manera que las algas crecen más rápido cuando recibe la luz del sol, proporcionando sombra interior. Los "bio-reactores" no sólo producen biomasa que posteriormente puede ser cosechada, también generan calor...

  • // Dubai Timelapse // This video was filmed during our trip to UAE in January 2013. Equipment: Canon 7D Sigma 10-20 mm 3.5 Canon 24-105 mm 4 Sigma 30 mm 1.4 Benro C-257 tripod Sound: Foreground set - Go with the wind

  • // Dream // This is a short movie made for fun at Vaya Studio. Music and sound FX by Highass.org CGArchitect AWARD Nomination vaya.bg

  • Animal Architecture Awards 2011 – Third Runner Up: BirdScraper by Zhong Huang

  • clock

  • Mondriaan inspired school builiding in The Hague allows now pupils to study in a colorful environment by LIAG architects http://www.archello.com/en/project/roc-mondriaan-laak-ii #Architecture #Design #School

  • 1: The Soleta House | A Zero Energy House That You Can Control With Your iPhone | Co.Design: business + innovation + design

  • SWITCH® produces an award-winning LED A-lamp providing the same light distribution, color, output and quality as incandescent bulbs. Switch LED bulbs typically use up to 80% less energy and last 25 times longer than incandescents. Switch LED A lamps are dimmable and rated for use in damp environments. They can be installed in any orientation and even in fully enclosed fixtures. Switch LED bulbs...

  • Why not make your summertime getaway as green as possible? TripAdvisor's GreenLeaders program makes it easy and affordable.

  • Aldo Rossi Perspective Composizione, Teatro del Mondo, Venezia, 1980 © Eredi Aldo Rossi. Courtesy Fondazione Aldo Rossi

Current CO2 level in the atmosphere

 

Puedes seguir a Enllave en:

  • Pinterest
  • Twitter
  • Issuu
 

archivos

tag cloud

publicidad