A Mesa de Contratación decidiu onte que 4 equipos de arquitectura de Madrid e 1 de Vigo optarán a construír o Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL). Nesta segunda fase, os seleccionados terán que presentar o seu anteproxecto na primeira quincena de marzo e defendelo nunha exposición pública. Por outra banda, o museo conta cunha nova inxección económica: 250.000 euros concedidos pola Dirección Xeral de Belas Artes do Ministerio de Cultura.

Este investimento foi pechado a pasada semana polo Alcalde cos responsables da Dirección Xeral de Belas Artes. López Orozco confirmou esta mañá que “os 250.000 euros, tal e como se compremetera o Director Xeral de Belas Artes, engadirémolos ós 6 millóns de euros cos que conta o Concello para a construcción do edificio”.

Ó mesmo tempo, o Alcalde deu conta dos 5 equipos de arquitectura que foron seleccionados dun total de 20 para presentar o anteproxecto para o MIHL. Trátase de:

-JUNQUERA ARQUITECTOS S.L. (Madrid). Gañadores de numerosos concursos internacionais e nacionais. Fixeron o Plan Especial para a integración do ferrocarril en Xixón; desenvolvemento da actuación do Porto en Arrecife, Lanzarote; rehabilitación da Biblioteca Nacional en Madrid; edificio emblemático das oficinas Caja Madrid na capital española; profesor da Escola Técnica Superior de Arquitectura en Madrid…

-ALFONSO PENELA FERNÁNDEZ. (Vigo).
Deseñou varios edificios do campus de Vigo e, en colaboración co estudio EMBT, tamén realizou a reodenación do Campus olívico. Deseñou centros de saúde na provincia de Pontevedra…

-NIETO SOBEJANO ARQUITECTOS S.L. (Madrid). Profesores da Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid; ten varias publicacións; gañou prestixiosos concursos como o do Museo e sede do Instituto Madinat Al-Zahra de Andalucía; Museo para o Arte Expresionista no Castelo de MoritzBurg de Alemaña; Museo Canario, nas Palmas; Museo San Telmo en San Sebastián; Museo Artístico Contemporáneo en Córdoba; Pazo de Congresos e Exposicións de Mérida…

-MANSILLA TUÑÓN ARQUITECTOS S.L. (Madrid). Gañadores de numerosos concursos de museos provinciais como, por exemplo, o de Zamora; Auditorio de León; Museo de Belas Artes de Castellón; Museo de Arte Contemporánea de Castela e León; Fundación Pedro Barrié de la Maza de Vigo; Museo de Colecciones Reales en Madrid; son ademais profesores invitados en escolas de arquitectura de todo o mundo…

-Ute ANDRÉS PERA ORTEGA EUROESTUDIOS S.L. (Madrid). Responsable do deseño de varios hospitais; gañadores do concurso internacional Urban ideas competition para a nova cidade multifuncional e administrativa en Corea; nova Sede da Biblioteca Pública do Estado en Santiago de Compostela; varios edificios administrativos da Xunta de Galicia en San Lázaro; desenvolvemento do proxecto executivo e dirección de obra da Cidade da Cultura de Santiago, etc.

Descartados os suízos

O Mesa de Contratación descartou a proposta dun equipo suízo que optaba a participar neste concurso. Esta empresa incumpriu, polo menos, 3 requisitos formais ó presentar a documentación da súa candidatura, razón pola que tivo que ser descartada. “Sentímolo moito porque son personas novas… pero as formalidades son moi importantes na vida democrática”, afirmou o Alcalde.

2ª fase do concurso

Para a segunda fase, os 5 equipos terán que presentar o seu anteproxecto na primeira quincena de marzo, aproximadamente o día 9. Haberá entón 4 días intensos de traballo, segundo o calendario establecido. O primeiro día procederase á apertura dos traballos e á súa análise. O segundo día, daranse a coñecer 3 anteproxectos; o terceiro, 2 anteproxectos e tamén está prevista a celebración dunha mesa de debate; e, o cuarto día, terán lugar as deliberacións e conclusións.

none

A Mesa de Contratación que está a baremar as solicitudes de participación para construír o Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) reunirase de novo o luns, a partir das once da mañá, no Salón de Plenos.

Esta mesa está composta por políticos e técnicos, que están a escoller entre os traballos presentados por 20 equipos de arquitectos de todo o mundo.

Na reunión do luns tomarase unha decisión sobre a entrada a concurso ou non da empresa suíza que presentou a súa solicitude fóra de prazo. Tamén tomarán nesa última reunión unha decisión sobre os cinco equipos escollidos para presentar o proxecto entre os que se escollerá o gañador.

none

El programa, que nace como continuación de Ciudades Digitales, se enmarca en el Plan 2006-2010 para el Desarrollo de la Sociedad de la Información y de Convergencia con Europa y entre Comunidades Autónomas (Plan Avanza)

El convenio suscrito hoy establece que Industria y el Ayuntamiento de Lugo destinarán a la realización del proyecto 1,10 millones de euros, distribuidos a partes iguales

Industria realizará una inversión total de 20 millones de euros en Ciudades Singulares, que se aplicará en dos o más municipios de cada Comunidad Autónoma mediante cofinanciación de las administraciones implicadas

El Secretario de Estado de Telecomunicaciones y para la Sociedad de la Información, Francisco Ros, y el Alcalde de Lugo, José López Orozco, han firmado hoy un convenio de colaboración para el desarrollo del proyecto “Ciudad Singular de Lugo” del programa Ciudades Singulares, en el marco del Plan Avanza.

En virtud del convenio, el Ministerio de Industria, Turismo y Comercio y el Ayuntamiento de Lugo colaborarán para la realización de dicho proyecto, que tiene como objetivo promover e impulsar la implantación de la Sociedad de la Información en el municipio y beneficiará a todos los ciudadanos, empresas e instituciones de Lugo. Este convenio permitirá ampliar el proyecto “Lugo Dixital”, contribuír a la implantación de la tarjeta ciudadana y ofrecer un mejor servicio a la ciudadanía.

En concreto los beneficios más inmediatos para Lugo por ser Ciudad Singular serán:

1.- Ampliación del servicio 010 las 24 horas del día los 365 días del año. El teléfono de información municipal 010 ampliará su servicio fuera del horario laboral, durante todo el fin de semana y los festivos gracias a teleoperadoras virtuales. Actualmente tiene un horario de lunes a viernes de 8:30-20:30 horas y los sábados de 9:00 a 14:00. Sin embargo, gracias a un servicio virtual que irá guiando al demandante de información, los ciudadanos estarán atendidos las 24 horas de todos los días del año. Es la fase II del 010 dentro de la llamada Teleadministración.

2.- El programa “Lugo Dixital” hizo hincapié en sus primeros pasos en la creación de infraestructuras informáticas dentro del ayuntamiento. Gracias al programa “Ciudad Singular” el Ayuntamiento de Lugo hará ahora el mayor esfuerzo en ofrecer infraestructuras a los vecinos. Ofertará a todas las asociaciones de la ciudad que no dispongan de ordenadores 1 equipo informático conectado a internet. Además el Ayuntamiento estudia la posibilidad de subvencionar a las asociaciones, durante un tiempo a determinar, esta conexión a internet.

3.- Los centros sociales contarán con puntos de información multimedia -torretas situadas en lugares de paso con diferentes accesos a internet e información de interés-. Esta medida forma parte de la alfabetización tecnológica de centros sociales y asociaciones.

4.- Se implantará la ventanilla única empresarial para que cualquier iniciativa empresarial sólo precise un contacto con el Ayuntamiento, que se encargará de realizar el resto de trámites necesarios, evitando al interesado continuos desplazamientos.

Financiación y actuaciones previstas

Según los términos del convenio, ambas administraciones destinarán al desarrollo de las actuaciones previstas un total de 1,10 millones de euros distribuidos a partes iguales, es decir, 550.000 euros corresponderán al Ministerio de Industria, Turismo y Comercio, y otros 550.000 euros al Ayuntamiento de Lugo.

Ciudades Singulares

El programa Ciudades Singulares, aprobado por el Consejo de Ministros el pasado 12 de mayo, tiene como objetivo servir de enlace entre el primer y el segundo programa Ciudades Digitales, dando así continuidad a la promoción e implantación de la Sociedad de la Información en un entorno local.

El programa se aplicará en dos o más municipios de cada Comunidad Autónoma mediante cofinanciación de las administraciones territoriales implicadas, de acuerdo con el nivel de desarrollo de la ciudad en el ámbito de la Sociedad de la Información, así como sus condiciones socioeconómicas y geográficas y potencial de crecimiento e impacto.

El Ministerio de Industria, Turismo y Comercio realizará una inversión total de 20 millones de euros en Ciudades Singulares. Esta cantidad se transferirá mediante acuerdos de colaboración con las correspondientes ciudades.

Fuente: Concello de Lugo

none

20 equipos de arquitectos presentaron a súa solicitude para optar a construír o Museo Interactivo da Historia de Lugo, o xa coñecido como MIHL. Dentro da primeira fase do concurso para a redacción do proxecto construtivo, a mesa de contratación comezou esta mañá a estudar e baremar as solicitudes de participación para seleccionar os 5 equipos mellores. De eles sairá escollido, na próxima fase, a proposta definitiva.

“Hai un mes e medio aproximadamente que se fixo esta convocatoria pública. Acudiron 20 equipos procedentes de toda España”, informaba o Alcalde de Lugo minutos antes de entrar na reunión. Esta primeira fase era de libre concorrencia e, debido á contía do museo, o anuncio tamén saiu publicado no Diario Oficial da Comunidade Europea. Segundo se establece nas cláusulas, cada licitador non podía presentar máis dunha proposición.

“Lugo da un paso máis para modernizar a súa estrutura museística e turística”, afirmou o Alcalde. López Orozco prevé que no mes de abril será adxudicado o proxecto gañador coa fin de que as obras comecen no ano 2007 e “espero que o museo sexa realidade no prazo aproximado de 2 anos”.

O concurso ten por obxecto seleccionar a proposta que resulte máis idónea para a construcción do MIHL, dedicado á historia da cidade e cunha área de recepción de visitantes. Búscase, como se destaca nas cláusulas, un “museo innovador e referente, en concepción e funcionamento, alentador da imaxe da cidade”.

As empresas presentadas son:
1.- ESTUDIO ARQUITECTURA AYALA
2.- ANDRÉS FERNÁNDEZ-ALBALAT LOIS
3.- TEMPERATURAS EXTREMAS ARQUITECTOS S.L.
4.- JUNQUERA ARQUITECTOS S.L.
5.- XOSÉ MANUEL LÓPEZ MIHURA
6.- ALFONSO PENELA FERNÁNDEZ
7.- MURADO & ELVIRA ARQUITECTOS
8.- PEDRO QUERO ARQUITECTOS S.L.
9.- ÁNGEL FERNÁNEZ ALBA (ARQ.ASOC.S.L)
10.- PLÁCIDO LIZANCOS MORA
11.- ECOSISTEMA URBANO ARQUITECTOS S.L.
12.- AV6´2 ARQUITECTOS
13.- NIETO SOBEJANO ARQUITECTOS S.L.
14.- HORACIO FERNÁNDEZ DEL CASTILLO
15.- MANSILLA TUÑÓN ARQUITECTOS S.L.
16.- ANDRÉS PEREA ORTEGA EUROESTUDIOS S.L.
17.- BESADA Y FAILDE ARQUITECTOS S.L.
18.- ESTUDIO DL+A
19.- IRISARRI-PIÑEIRA S.L.N.E.
20.- LABORATORIO DE ARQUITECTURA S.L.

Máis información na páxina do Concello de Lugo

none

Serán dúas plantas e sótano dedicados a exposición, aulas interactivas e salas multimedia

A Concelleira de Promoción Económica, Emprego e Comercio, Eva Real, presentou onte o proxecto de rehabilitación da Fábrica da Luz, no que se aloxará un museo interactivo. Segundo indicou, trátase dun proxecto “audaz e sensible co medio, ademais de respetuoso coa memoria histórica”.

Este edificio, deseñado polo arquitecto Maquieira e que o novo PXOM considera digno de protección, constará de dúas plantas e sótano dentro da mesma estrutura actual.

O museo está situado na pranta sótano e na baixa deixando para a empresa que explotará a parte industrial a segunda planta.

A visita ao museo comezará no sótano, baixando por un ascensor panorámico. Esta visita será “unha regresión no tempo”, dixo Eva Real, xa que se exporán as máquinas máis antigas, como a turbina que se utilizou por primeira vez. Un canal atravesará o sótano polo que pasará a auga que impulsará a turbina. Esta operación poderá verse por un cristal no chan.

Tamén no sótano haberá unha sala multimedia con gradas con capacidade para 40 persoas na que se celebrarán actos múltiples. Emitirase un vídeo multimedia sobre a historia da electricidade en Lugo e a súa importanica no desenvolvemento da cidade.

A pranta baixa contará coa recepción, a tenda de recordos e unha zona con máquinas que terá unha iluminación escénica, “para dar cabida ao que conservamos da arqueoloxía industrial, que se remonta a 1895″, engadiu Eva Real. Esta sala de exposición permanente está formada por módulos interactivos para aprender xogando que a Concelleira considera como “a nota definitoria do museo da Fábrica da Luz”.

Separada da zona de máquinas por un cristal que servirá de amortiguador do son aparecerá unha zoa de proxección.

Tamén haberá un espazo para os máis pequenos con dúas aulas de carácter interactivo.

A Concelleira conta con ter rematado este proxecto antes de finais do próximo ano, xa que se adxudicará por vía de urxencia. As obras poderán iniciarse por tanto nun prazo dun mes.

Esta complexa obra de rehabilitación ten un orzamento de 1.148.852 euros e o proxecto museolóxico ascende a 300.000 euros. Unha subvención do 70 por cento farase cargo da obra.

none

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, foi invitado a clausurar o Seminario que se celebrará este martes, 17 de outubro, no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela coa fin de estudar os distintos instrumentos de xestión e sistemas de actuación previstos pola normativa urbanística de Galicia. Este seminario vai dirixido ós profesionais da empresas e organismos públicos que realizan labores de xestión e execución de planeamento urbanístico.

A Conselleira de Vivenda, o Alcalde de Santiago, o Presidente da Asociación Española de Promotores de Vivenda e Solo ou a Xerente da Empresa Municipal de Vivenda e Solo do Concello de Lugo –María Novo- son algúns dos ponentes nas mesas previstas deste seminario.

A clausura terá lugar ás 19:30 horas e correrá a cargo do Alcalde de Lugo, do Director Xeral do IGVS, do Secretario da Asociación Española de Promotores de Vivenda e Solo e do Decano Territorial de Galicia do Colexio de Rexistradores da Propiedade.

none

O Concello de Lugo e a Asociación de Promotores e Empresarios da Construcción (APEC) firmarán nos próximos días un convenio que permitirá aos construtores solucionar o problema do depósito de terras procedentes das obras.

Mediante este convenio, o Concello cede á APEC a canteira de Prebetong, de titularidade municipal, para depositar as terras das excavacións e, xunto con outro terreo da APEC situado tamén en Santa María de Bóveda.

Así, neste convenio ademais de utilizar a canteira como lugar de verquido de terras e selar a zona, construirase unha pranta de reciclaxe de residuos da construcción que xestionará a APEC. Como pago polo uso destes terreos o Concello recibirá unha compensación económica igual ao pago realizado polos depósitos de terras de obras de titularidade municipal e de todas aquelas que se realizcen en colaboración co Concello.

Esta compensación económica destinarase á construcción de instalacións ou programas relacionados co Medio Ambiente.

Ademais, o Concello obterá o dereito a utilizar os materiais de reciclaxe que considere necesarios para calquera obra futura.

Fonte: Concello de Lugo

none

Categorías

publicidad

Enlaces

    Si quieres ENLLAVE en tu correo:

Escribe tu email:

Desarrollado por FeedBurner

Latest Pins on Pinterest

  • Japanese artist Takanori Aiba creates astoundingly detailed sculptures of tiny buildings.

  • 1950s NYC pictorial map: booklet cover

  • The 100 Largest Architecture Firms In the World

  • Designing Your Suburban Dream Home?  Beer always help deaden the pain… detail from 1950 Budweiser ad.

  • The Colossus of Rhodes. Old Wonders of the World. Destroyed.

  • Wingspread, Frank Lloyd Wright

  • // Hawk House // Alex Wyndham http://www.alexwyndham.com

  • Tiny Shipping Container Home in Utah

  • // The Old Market at Rouen 1898 // Camille Pissarro

  • May Day Procession in Moscow - Diego Rivera

Current CO2 level in the atmosphere

 

Puedes seguir a Enllave en:

  • Pinterest
  • Twitter
  • Issuu
 

archivos

tag cloud

publicidad