O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, destacou onte pola mañá en rolda de prensa o Proxecto de Lei do Traballo en Igualdade das Mulleres de Galicia, aprobado onte polo Consello da Xunta, como o primeiro texto legal destas características en España. A lei ten como obxectivo loitar contra a discriminación que sofren as mulleres no ámbito laboral, ao tempo que “aumentar” e “garantir” os seus dereitos e “reforzar” a súa autonomía persoal. “É unha lei absolutamente necesaria e querida de xeito moi intenso pola Xunta e polo seu Goberno”, remarcou Touriño.
O presidente da Xunta destacou que seguen a producirse discriminacións no sistema produtivo, económico e social por razóns de xénero. Precisamente, para o titular da Xunta o do traballo constitúe un dos ámbitos máis relevantes de discriminación de cantos sofren as mulleres, polo que se facía necesario actuar cunha lei deste tipo. “O proxecto está en consonancia coas directrices europeas para facer da igualdade de xénero un valor transversal”, destacou Pérez Touriño, quen sinalou ademais que o Proxecto de Lei conta cun informe favorable do Consello Galego de Relacións Laborais.
“O obxectivo –segundo indicou Touriño- é o de traballar para conseguir a paridade, a conciliación da vida familiar e laboral, a igualdade na conciliación colectiva e a igualdade dentro das empresas”.
Novidades que prevé o proxecto legal
Entre outras novidades, a lei establece a creación dunha Marca Galega de Excelencia en Igualdade co fin de beneficiar as empresas que potencien a igualdade no emprego. Paralelamente, un dos aspectos máis innovadores do Proxecto de Lei é o regulamento dos bancos municipais de tempo e os plans de programación do tempo da cidade, medidas que xestionarán os concellos, en colaboración coa Xunta, e que teñen como función contribuír á mellora da conciliación da vida familiar e laboral.
none
La Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción de A Coruña ha organizado para hoy una jornada sobre prevención de riesgos laborales en el sector. La iniciativa es fruto de un convenio suscrito recientemente entre la organización Apecco y la Consellería de Traballo de la Xunta.
La charla, que se celebrará a partir de las ocho de la tarde en el Pazo da Cultura, está dirigida a empresarios, altos directivos y mandos intermedios de las pequeñas y medianas empresas de la construcción en la comarca.
Como ponentes participarán Miguel García-Eiroa, gerente de Apecco; Francisco J. Nores Quesada, jefe de construcción del Centro de Seguridad de A Coruña; José Manuel Blanco Montero, jefe de prevención de Acciona en Galicia, y Juan Carlos Fernández Herrero, director de formación de la patronal coruñesa. El alcalde clausurará la jornada.
Fuente: La Voz de Galicia
none
O alto índice de precariedade laboral dos traballadores asalariados constitúe un dos máis importantes problemas estructurais no noso mercado de traballo, a contratación indefinida crece a un ritmo demasiado lento, a temporalidade é un problema grave do noso mercado laboral que afecta tanto a Galicia como ao resto de España e contra o que non é doado loitar sobre todo desde o ámbito exclusivo da nosa Comunidade Autónoma.
Para lograr acelerar o ritmo de crecemento da contratación indefinida a Consellería de Traballo está a elaborar unha nova orde, que será publicada en breve, establecendo incentivos ás conversións de contratos temporais en indefinidos que se realicen na nosa Comunidade Autónoma no período comprendido dende o 15 de setembro ao 31 de decembro de 2006, co obxecto de complementar as bonificacións extraordinarias que o Servizo Público de Emprego Estatal (S.P.E.E.), ao abeiro do acordo pola estabilidade e a productividade, vai conceder a todas as transformacións de contratos temporais en indefinidos que se realicen en todo o Estado ata o 31 de decembro de 2006.
Esta norma esixirá os requisitos de taxa de estabilidade e contía que se estableceu nas ordes de convocatoria do ano 2006.
Resulta evidente que unha maior estabilidade no emprego activa ademais a produtividade nas empresas, co que a calidade dos postos de traballo ofertados é un presuposto fundamental para a evolución de todas as provincias galegas.
Fonte: Xunta de Galicia
none
O titular do Goberno galego, Emilio Pérez Touriño, sinalou despois da reunión semanal do Consello da Xunta que o seu Executivo traballa co obxectivo de que Galicia non perda postos de traballo nin actividade empresarial á marxe dos cambios que se poidan producir na titularidade das empresas galegas. “Pode haber e hai cambios de propiedade, cambio na titularidade das accións pero o que nos ten que interesar como país é tentar conseguir que o emprego, a actividade e a riqueza permanezan”, aclarou Touriño, quen destacou que o Consello da Xunta segue do preto os cambios empresariais que se producen en Galicia.
O presidente galego sinalou que outro obxectivo pasa por acadar que unha parte significativa ou maioritaria do novo capital das empresas que sofren cambios na súa titularidade poida quedar “en mas galegas” xa que isto constituiría unha “garantía mellor para conseguir o obxectivo de que emprego e riqueza queden na nosa terra”. Por iso, sinalou que a Xunta traballa para incentivar liderado empresarial galego que estea disposto a investir nestas empresas.
Xuntanza con Jove e Martín
Segundo sinalou o presidente galego, que anunciou unha xuntanza o próximo mércores cos protagonistas da operación de FADESA, Manuel Jove e Fernando Martín, traballará, no marco desa reunión, para que o novo contexto que se crea en relación a posibles novos investimentos e froito do dinamismo da operación, poida ser proveitoso para a economía galega. O obxectivo é procurar que parte dos activos xerados pola venta de FADESA se invistan na Comunidade Autónoma.
En relación ao Grupo Calvo, Touriño indicou que a operación atópase nun estado iniciático e que a Xunta está a falar con líderes de relevantes empresas do sector para ver posibilidade de compra dos activos de Calvo. “Ten que haber liderado, vontade, de empresas que son competitivas”, manifestou Pérez Touriño, quen se referiu as axudas e iniciativas públicas e a capacidade de interlocución e de diálogo proposta desde o eido político como unha baza relevante para avanzar nos obxectivos últimos: procurar que os empregos non se reduzan nin se perda actividade e garantir, se fóra posible, o investimento de capital galego nestas empresas
Fonte: Xunta de Galicia
none
El Centro I+D+I de Medios de Protección Colectiva, ha adquirido y puesto a punto, el equipamiento necesario, para la realización de los diferentes ensayos que establece una reciente normativa europea, sobre los Sistemas de Protección de Borde, empleados en las Obras de Construcción principalmente para evitar la caída de materiales y personas.
Con esta nueva normativa que establece los requisitos específicos que deben cumplir estos sistemas, se da un paso importante, en relación a los criterios de utilización de estos sistemas dentro de las obras, así como los requisitos mínimos en cuanto al diseño estructural, geometría, materiales, etc.
Desde que la citada normativa se propuso como proyecto de norma europeo, el Centro I+D+I de Medios de Protección Colectiva , se puso a trabajar en el diseño de la Infraestructura y Equipamiento necesarios, que permitieran verificar los requisitos, a través de los correspondientes ensayos experimentales.
Teniendo en cuenta el carácter genérico de la Legislación, en relación a los requisitos mínimos exigibles para los Sistemas de Protección Colectiva empleados en la Construcción como medidas de seguridad, se puede decir, que la citada normativa presenta un elevado carácter de revolución, estableciendo unos requisitos para estos sistemas, que hasta la fecha no venían recogidos en ningún documento.
none
LA VOZ DE GALICIA – El sector de la construcción se mantiene como uno de los más pujantes al generar un volumen de negocio de 3.000 millones de euros en la provincia durante el pasado año. Así se refleja en la memoria anual de la Asociación Provincial de Empresarios de la construcción (APEC), hecha pública hace unas semanas. El documento subraya ese importante volumen de negocio a pesar de que el número de viviendas visadas por el Colegio de Arquitectos descendió un 4%, con respecto al año anterior y a que el volumen de negocio de la obra pública ascendió a 443 millones de euros, un 2,52% menos que en el 2004.
Buena muestra de la importancia que la construcción tiene en la provincia de Pontevedra es el número de trabajadores empleados en este sector, un total de 43.171. De ellos, 33.332 están afiliados al régimen general de la Seguridad Social y el resto son autónomos. En diciembre del 2005 los desempleados sumaban 6.250, un 7,98% más que en diciembre del 2004. En esta fecha las personas que demandaban empleo eran 5.788.
none
Arquitectos técnicos e ingenieros de caminos son las titulaciones más demandadas dentro de la comunidad.
El auge inmobiliario que atraviesa Galicia condiciona también las ofertas de trabajo. Cerca del 20% de las propuestas de empleo cualificado que se producen en la comunidad proceden del sector de la construcción, según se refleja en el Informe 2006 elaborado por Infoempleo.
Fuente: La Opinión A Coruña
none