Os datos da Asociación para a Implantación e o Desenvolvemento da Televisión Dixital Terrestre en España, procedentes da consultora Sofres, sinalan que a cota de pantalla estatal da TDT é do 4%, oito décimas por debaixo da galega.
Un tercio do consumo a través da TDT
O último informe deste organismo destaca que “nos fogares nos que se dispón de televisión dixital terrestre, case un terzo do consumo realizouse a través da TDT”. A investigación mostra como o prezo dos receptores baixou ata permitir que máis do 14% dos fogares do estado teñan acceso a este servizo. No referido ao consumo diario, os galegos con TDT consumen un 72 minutos, lixeiramente por riba da media española.
Por outra banda o director Xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández Iglesias, presenta durante a xuntanza entre comunidades autónomas e administración central que se celebra hoxe, luns 5 de febreiro, en Santa Cruz de Tenerife, o plan galego de extensión de cobertura para a Televisión Dixital Terrestre (TDT).
Este plan pioneiro a nivel estatal, xa a estar a dar os seus primeiros froitos coas instalacións de referencia de Vilaboa (Pontevedra) e Paradela (Lugo), e a elaboración e validación do proxecto tipo de enxeñería.
Colaboración coas empresas TIC galegas
O plan galego de extensión de cobertura pretende estudiar os efectos que o futuro despregue de Gap-fillers poida ter nas redes de radiodifusión, e analizar as necesidades deste tipo de instalacións para acadar unha cobertura suficiente tras o apagón analóxico previsto para o ano 2010.
Os Gap-fillers (palabra inglesa que se traduciría por “enche-ocos”) son uns equipos que proporcionan cobertura de televisión dixital alí onde a orografía de Galicia fai imposible unha cobertura axeitada cos emisores e reemisores de televisión tradicionais. Estes equipos equivalen, no universo dixital, aos xa coñecidos microreemisores rurais do mundo da televisión analóxica.
Este traballo desenvólvese en colaboración coas Inspeccións Provinciais de Telecomunicacións dependentes do Ministerio de Industria, a Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicación da Universidade de Vigo, os concellos, as empresas radiodifusoras que operan na comunidade, os instaladores, e os fabricantes de equipos galegos como Televés, Egatel e Intelsis.
O plan ten como grandes obxectivos o desenvolvemento do documento de bases que regule o despregue na nosa comunidade dos equipos destinados a acadar coberturas de televisión dixital en zoas de sombra, formular as bases técnicas para asegurar o seu correcto funcionamento, e en definitiva asegurar aos cidadáns e cidadás galegos a mellor cobertura posible das redes publicas de radiodifusión. Durante o ano 2007, un total de 19 concellos veranse beneficiados por estas instalacións.
Este plan contribuirá de xeito decisivo a acadar, tras o apagón analóxico do 2010, unha cobertura universal das redes publicas de radiodifusión sen discriminación da cidadanía por motivos xeográficos.
Fonte: Sociedade da información
VN:F [1.9.3_1094]
Rating: 0.0/10 (0 votes cast)
VN:F [1.9.3_1094]
Comentarios: 0 Comentarios
Quizás también te interese: