Directivos e técnicos do Igape informarán polo miúdo sobre programas como o re-Solve, destinado a facilitar o financiameto de circulante para o colectivo

Directivos e técnicos do Igape informarán polo miúdo, nun acto público que se desenvolverá no auditorio de Expocoruña o próximo venres ás 13 horas, sobre as características dos programas re-Brote e re-Solve, habilitados pola Consellería de Economía e Industria para facilitar o financiamento do circulante que precisan as empresas e os autónomos. Estes plans xestionados polo Instituto que preside o conselleiro Javier Guerra conforman unha das principais accións do Plan de Choque deseñado pola Xunta de Galicia para facer fronte á crise e prevese que permitan mobilizar 400 millóns de euros para facilitar o financiamento de circulante a autónomos, microempresas e empresas galegas. A presentación de solicitudes acollidas aos programas re-Brote e re-Solve está aberta ata o próximo 30 de decembro.

Conxuntamente, ambos plans conforman unha das iniciativas máis destacadas entre as impulsadas polo Goberno galego no ámbito das garantías públicas. Estes programas para facilitar o financiamento pola vía de compartir os riscos constitúen unha resposta real aos problemas concretos de financiamento que as empresas galegas sofren na actualidade. Deste xeito, os autónomos, as microempresas e as empresas poderán acceder a financiamento para manter a súa actividade con normalidade e contribuir á progresiva recuperación do tecido empresarial galego. O ambicioso plan de garantías públicas impulsado pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape estrutúrase ao redor dunha liña de avais, re-Brote, e outra de reavais, denominada re-Solve. A primeira facilitará o acceso de empresas de mediana ou grande dimensión a liñas de financiamento operativo adicional. A segunda liña, re-Solve, servirá para fomentar o acceso das microempresas e os autónomos ao circulante necesario para desenvolver a súa actividade con normalidade.

A miúdo, canto menor é a dimensión dunha empresa, maior é a dificultade que ten para acceder ao crédito que precisa para manterse en funcionamento. A liña denominada re-Solve facilitará o acceso ao circulante para os autónomos e as microempresas mediante pólizas de préstamo ou crédito novas. O prazo será de tres años e o importe estará comprendido entre un mínimo de 3.000 e un máximo de 40.000 euros. O que fai o Igape e achegar un reaval en garantía do 25% do risco asumido pola sociedade de garantía recíproca, que, pola súa banda, cubrirá o 90% do risco dos préstamos concedidos polas entidades financeiras ao abeiro da liña.

O encontro informativo do próximo venres desenvolverase en colaboración coa Federación de Autónomos de Galicia (FEAGA). A asistencia é gratuita. As prazas son limitadas, polo que os interesados deben confirmar a súa asistencia chamando ao teléfono 981 15 14 53.

Fuente: Consellería de Economía e Industria

VN:F [1.9.3_1094]
Rating: 0.0/10 (0 votes cast)
VN:F [1.9.3_1094]
Rating: 0 (from 0 votes)
Comparte esta entrada:
  • Print
  • Digg
  • del.icio.us
  • Facebook
  • Google Bookmarks
  • Bitacoras.com
  • Meneame
  • MySpace
  • Technorati
  • email
  • Twitter
  • LinkedIn

Quizás también te interese: