-
25
May
2009
O parque estará promovido por Eólicos da Mariña S.L e terá unha potencia de 7,8 MW
O Consello da Xunta de Galicia aprobou a autorización para a instalación do parque eólico Couteiro, no concello de Ourol (Lugo).
Estas instalacións, que serán explotadas por a empresa Eólicos da Mariña S.L, estarán compostas por catro aeroxeradores e a súa infraestructura asociada, que crearán 7,8 MW de potencia.
Esta aprobación resposta á proposta realizada dende a Consellería de Economía e Industria, órgano competente por razón de materia.
Con este acordo, ademáis, se declara a prevalencia da utilidade pública do proxecto do parque eólico sobre o dos montes veciñáis en man común de “Carranco, Chao dos Navás, Paiomouro, Seixo do Abertido, Moles, Panda da Serra e Couteiro” e “Serra de Loibán, Costa de Cebrán, Lombas, e Pico o Raso” e pertencentes ás comunidades de montes de Bravos e Ourol no concello de Ourol (Lugo).
O proxecto de execución de dita instalación foi redactado polo enxeñeiro industrial José Alberto Rama Mosquera e visado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia en xullo de 2004. Neste último ano producíronse unhas modificacións recollidas no proxecto “Adenda de modificación al parque eólico Couteiro” que tamén foron visadas polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia.
De esta forma, o Consello da Xunta de Galicia concede a autorización administrativa, aproba o proxecto de execución así como o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e a declaración de utilidade pública.
Fonte: Consellería de Economía e Industria
Quizás también te interese:
- Un pueblo de Bande cede terreno para un parque solar junto a otro de energía eólica
- ACCIONA y Suncor inauguran su primer parque eólico en Ontario
- El segundo mayor parque eólico de Europa será construido en Escocia por Iberdrola
- Industria ultima las reglas para adjudicar el mayor concurso eólico de Galicia
- La Xunta anulará la adjudicación de los 2.300 megavatios del concurso eólico del bipartito
- Archivado en: | Energías Renovables |
- Si te gusta este blog puedes suscribirte a my rss feed!


Deja un comentario