-
14
abr
2009
O alcalde de Vigo visitou este luns os traballos de formación profesional que teñen lugar na actual sede da Fundación Laboral. A dirección da entidade solicitou a Abel Caballero 10.000 metros cadrados para poder construir a nova sede, que financiaría a Seguridade Social, para o que o Concello fará “todo o posible”, segundo asegurou o rexedor.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este luns a Fundación Laboral da Construcción, onde comprometeuse a estudar unha nova localización de 10.000 metros cadrados para esta, pois na actualidade pagan 72.000 euros ao ano en concepto de aluguer.
Abel Caballero eloxiou o traballo que desenrola a Fundación, que no pasado ano formou en distintas disciplinas relativas á construcción a un total de 4.000 persoas. O alcalde ofertou a cooperación municipal coa entidade, a única destas características na provincia de Pontevedra, e fará “todo o posible” para acadar o chan necesario para a nova sede, cuxo custo asumiría a Seguridade Social.
Fonte: Xornal Vigo












