O Goberno local remitiu á Consellería de Vivenda e Solo a opción de compra de sete das oito vivendas previstas, destinadas ás familias cuxas vivendas no barrio do Celeiriño deberán ser derrubadas. Unha das propietarias renunciou. O investimento –que respaldou o Consello da Xunta- incrementouse en 41.784 € debido a que se computou tamén o valor dun rocho e unha praza de garaxe para cada unha das vivendas

A Consellería de Vivenda e Solo aporta 915.000 euros ao Concello de Viveiro para a adquisición de sete vivendas destinadas a outras tantas familias afectadas pola situación de deterioro dunha parte significativa dos inmobles do Barrio do Celeiriño. O Consello da Xunta deu o visto bo a este investimento, que se incrementou en 41.784 € respecto do orzamento inicialmente previsto -de 873.216 €- debido a que nunha nova valoración se tivo en conta tamén o prezo dun rocho e dunha praza de garaxe para cada unha das vivendas de nova adquisición.

Toda vez que o Departamento autonómico xa recibiu a opción de compra destas sete vivendas, fará efectivo en seguida o pago deste investimento ao Concello de Viveiro. Aínda que a Consellería se comprometeu a financiar a adquisición de oito vivendas para as oito familias afectadas polo derrube dos seus inmobles, unha das propietarias renunciou a esta posibilidade.

A proposta da Consellería de Vivenda e Solo, en base aos informes remitidos no seu día polo Concello de Viveiro, incluía unha dobre actuación en función do estado das vivendas. Por unha banda, subvencionar a adquisición de oito novas vivendas para entregar ás familias propietarias dos oito inmobles que se atopan en estado de total deterioro, cun prezo máximo que non excede o corresponde co prezo que ten unha vivenda protexida de prezo xeral de 90 metros cadrados no Concello de Viveiro.

A cambio os propietarios deben ceder as actuais vivendas ao IGVS, organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Solo, que serán derrubadas e os solares resultantes serán destinados á dotación de equipamentos públicos.

Por outra banda, segundo os informes presentados polo Concello, existe un segundo grupo de 21 vivendas afectadas que precisan obras de rehabilitación. Para este segundo grupo a proposta da Consellería pasa por sufragar os gastos de rehabilitación destes inmobles con axudas de ata 30.000 € por vivenda, o que supón un investimento total previsto de 630.000 €. Neste caso, o Concello deberá emitir un informe acreditativo de que esta é a solución máis acaída para estas vivendas.

Fonte: Consellería de Vivenda e Solo

VN:F [1.9.3_1094]
Rating: 0.0/10 (0 votes cast)
VN:F [1.9.3_1094]
Rating: 0 (from 0 votes)
Comparte esta entrada:
  • Print
  • Digg
  • del.icio.us
  • Facebook
  • Google Bookmarks
  • Bitacoras.com
  • Meneame
  • MySpace
  • Technorati
  • email
  • Twitter
  • LinkedIn

Quizás también te interese: