-
29
May
2008
As empresas galegas Construdata21 e Contactnova desenvolverán no Estado un servizo pioneiro que permitirá ás empresas acceder a información sobre o 90 por cento das licitacións públicas de diferentes sectores na UE, a través da plataforma Etis (European Tender Information System), creada orixinalmente por unha empresa alemá.
A plataforma ofrece datos actualizados da maior parte dos concursos públicos de Europa ou doutros lugares que conten con fondos europeos, e facilita ás empresas que se aboen ao servizo o acceso a unha información unificada, cooperación e intercambio de experiencias e novas oportunidades de negocio a través da internacionalización, segundo informa Europa Press.
O responsable desta iniciativa en España, Pablo Rodríguez, explicou que as adxudicacións de concursos públicos en Europa, xa sexa contratacións de servizos, compra de bens ou desenvolvemento de obras, supoñen máis de dous billóns de euros, o que representa o 16 por cento do PIB europeo. A este respecto, subliñou a importancia de Etis como unha ferramenta ideal para promover novas oportunidades de negocio.
O programa Etis ten unha cobertura do 90 por cento en Europa e, para o 2008, prevese que haxa en torno a un millón de licitacións nos diferentes países. Neste ránking, Polonia é o país no que se prevén máis concursos públicos (en torno a 250.000), seguido de Francia, Alemaña e España (con 78.000).
As empresas que desexen abonarse a esta plataforma poden acceder a ela a través de internet e terán un mes para probala de forma gratuíta. En canto ás tarifas, dependerá do país no que teña interese por inverter, ademais, poderá contar cun servizo no que se facilita información das licitacións de todos os países por unha tarifa duns 6.000 euros anuais, á que se aplicarán diferentes descontos.
Fonte: Sociedade da informacion
Quizás también te interese:
- Internet sen fíos de balde na estación de autobuses da Coruña
- As empresas de construción galegas deberán contar co libro de subcontratación o 26 deste mes
- Unha web ofrece información sobre a cobertura de banda larga no rural
- Arantia prepara un servizo que unifica televisión dixital e internet no fogar
- As universidades lanzan un portal unificado de acceso aos seus recursos de información
- Archivado en: | Acústica | Construcción | Electricidad | Energías Renovables | Hogar Digital | Nuevas Tecnologías | Telecomunicaciones |
- Si te gusta este blog puedes suscribirte a my rss feed!


Deja un comentario