-
3
Abr
2008
“Ningún proxecto de investimento viable quedará sen financiamento en Galicia”. Así o explicou o conselleiro de Economía e Facenda e presidente do Igape, José Ramón Fernández Antonio, onte en Madrid, tras asinar un convenio que permitirá ás pequenas e medianas empresas obter préstamos ICO en condicións vantaxosas para os seus proxectos de investimento en Galicia. O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), segundo explicou o conselleiro, apoiará en 2008 préstamos das catro liñas ICO para financiar investimentos en Galicia por 400 millóns de euros.
Polo acordo que asinaron José Ramón Fernández Antonio e o presidente do ICO, Aurelio Martínez Estévez, o Igape apoiará a concesión de préstamos con xuros moi competitivos, que poden situarse no 2%. Esta iniciativa enmárcase na política impulsada pola Xunta de Galicia a través do Igape e da xestora de fondos de capital risco Xesgalicia que, segundo explicou o conselleiro, contribuirán este ano a impulsar o investimento empresarial en Galicia con 712 millóns de euros entre apoios directos e compartidos con outras entidades como Incentivos Rexionais, o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio (MYTIC), o Instituto de Crédito Oficial (ICO) ou a Sociedad Estatal de Promoción y Desarrollo Industrial (Sepides).
O convenio asinado onte co ICO contempla catro liñas de financiamento (Peme; Crecemento; Emprendedores; e Internacionalización) e, segundo recoñeceu o presidente do ICO, Galicia é a primeira comunidade en asinar un convenio sobre as catro liñas do Instituto. As operacións previstas poden cubrir un máximo do 90% dos investimentos impulsados por emprendedores ou microempresas; do 80% dos investimentos impulsados por pemes; e do 70% no caso da liña Crecemento. Ademais, o financiamento terá o máximo apoio previsto polo Igape cando os investimentos se vaian realizar nalgún dos 262 concellos galegos considerados localización preferente (municipios acollidos ao Plan de Reequilibrio Territorial de Galicia; municipios de Ferrol, Eume e Ortegal; da Costa de Morte; e da comarca de Valdeorras). As catro liñas de financiamento son as seguintes:
Liña Peme
Dirixido a: Pemes
Importe préstamos: entre 25.000 euros e 1,5 millóns de euros.
Achega do Igape: Subvención do 0,65% do tipo fixado polo ICO ou sobre o euríbor (0,9% se o préstamo está avalado por unha SGR
O apoio será de 2,65 puntos para os concellos considerados localización preferente (2,9 con aval SGR).
Liña Crecemento
Dirixido a: Pemes con máis de 50 traballadores.
Importe préstamos: entre 25.000 euros e 6 millóns de euros.
Achega do Igape: Entre o 0,65% e o 2,9% en función da localización e do aval da SGR. Tipos baseados no ICO ou no Euríbor +0,75.
Liña Emprendedores
Dirixido a: Emprendedores e pemes creadas con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2007 e con menos de 50 traballadores.
Importe préstamos: entre 25.000 euros e 200.000 euros.
Achega do Igape: Entre o 0,65% e o 2,9% en función da localización e do aval da SGR.
Liña Internacionalización
Dirixido a: Proxectos no exterior de pemes galegas.
Importe préstamos: entre 25.000 euros e 1,5 millóns de euros.
Achega do Igape: Entre o 0,65% e o 0,9% en función do aval da SGR. .
Fonte: Xunta de Galicia
Quizás también te interese:
- Fernández Antonio anuncia operacións de apoio a empresas por importe de 51 millóns o que permitirá operacións totais de financiamento por un importe global de 154 millóns de euros
- O Igape prestará 100 millóns de euros directamente ás empresas galegas
- Economía e Industria habilita o Plan re-imaXina para apoiar investimentos das microempresas e das pemes
- Seguen en vixencia os programas re-imaXina e re-Solve para financiar os investimentos e o circulante para as pemes galegas
- O Consello do Igape aprobou onte os apoios á creación de T-Solar Global
- Archivado en: | ENLLAVE |
- Si te gusta este blog puedes suscribirte a my rss feed!


Deja un comentario