-
30
Jul
2007
O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) impulsa a mellora da produtividade das pemes galegas mediante o apoio á realización de investimentos de carácter tecnolóxico comprendidos entre 100.000 e 600.000 euros e destinados á incorporación de bens de equipo, tamén de carácter tecnolóxico, que se integrarán na cadea de valor ou en departamentos de I+D, deseño ou ensaio das sociedades.
As pemes interesadas nestas subvencións, que poderán cubrir ata o 40% dos investimentos apoiables, poderán presentar as súas solicitudes (http://www.tramita.igape.es) ata o próximo 31 de agosto. A convocatoria resolverase polo sistema de concorrencia competitiva.
Por outra banda, o Instituto dependente da Consellería de Economía e Facenda apoiará proxectos dirixidos a mellorar a organización das pemes mediante subvencións á consultoría de procesos e implantación de ferramentas de xestión e cadros de mando.
Mediante esta liña á que destina 2,5 millóns de euros, o Igape subvencionará por unha parte os traballos de consultoría de proceso e asistencia técnica específica para a implantación dos proxectos; e, por outro lado, os investimentos en activos como poden ser as ferramentas de software ou hardware necesarias para as mellora da xestión a implantar nas pemes, e as instalacións de redes informáticas internas ou, se é o caso, custos de aloxamento en remoto.
Coma no caso dos proxectos de investimento tecnolóxico, as subvencións poden cubrir ata o 40% dos investimentos ou gastos subvencionables, e as solicitudes poden ser presentadas ata o 31 de agosto.
Fonte: Xunta de Galicia
Quizás también te interese:
- O IGAPE destina 5,3 millóns de euros a subvencionar os investimentos de carácter tecnológico das pemes
- Fernández Antonio asina co ICO un convenio para facilitar a obtención de préstamos en condicións vantaxosas e dirixidos a financiar investimentos empresariais en Galicia por 400 millóns de euros
- Economía e Industria habilita o Plan re-imaXina para apoiar investimentos das microempresas e das pemes
- O Igape destina 4,5 millóns de euros a apoiar a innovación tecnolóxica e organizativa das pemes galegas mediante o programa Innoempresa
- O Igape prestará 100 millóns de euros directamente ás empresas galegas
- Archivado en: | Nuevas Tecnologías |
- Si te gusta este blog puedes suscribirte a my rss feed!


Deja un comentario