A entrada en vigor do Código Técnico da Edificación, desde marzo, está xerando numerosas dificultades entre os colectivos profesionais afectados, como os arquitectos, constructores ou suministradores de materiais. Esta normativa cambia a meirande parte da lexislación coa que traballaban ou lles afectaba, e consideran que a súa introducción debería ser máis paulatina. Co fin de coñecer mellor a nova normativa, os arquitectos participaron onte nunhas xornadas sobre os cambios no apartado de enerxía.

A adaptación ó do Código Técnico da Edificación está resultado complexa para os arquitectos, xa que esta normativa supuxo modificar ’entre un 80 e 90%’ da lexislación coa que traballan estes profesionais, segundo indica o presidente do Colexio de Arquitectos de Ourense, Xan Rodríguez.

Os constructores, pola súa parte, coindicen na preocupación polo CTE. O presidente da Asociación Provincial, Eligio Nieto, explica que moitas empresas aceleraron proxectos para aprobalos antes da súa entrada en vigor, pero agora xa están realizando os primeiros tralo cambio. Por iso, non descartan solicitar algunhas reformas desta normativa.

Fonte: La Región

VN:F [1.9.3_1094]
Rating: 0.0/10 (0 votes cast)
VN:F [1.9.3_1094]
Rating: 0 (from 0 votes)
Comparte esta entrada:
  • Print
  • Digg
  • del.icio.us
  • Facebook
  • Google Bookmarks
  • Bitacoras.com
  • Meneame
  • MySpace
  • Technorati
  • email
  • Twitter
  • LinkedIn

Quizás también te interese: