O Consello da Xunta iniciou hoxe o procedemento formal de elaboración e aprobación do Plan de Ordenación do Litoral que substituirá a Lei de Medidas Urxentes de Protección do Litoral

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, asegurou hoxe que coa aprobación do Plan de Ordenación do Litoral, para o cal hoxe o Consello da Xunta iniciou o procedemento formal de elaboración e aprobación, a Xunta desprega “unha auténtica ofensiva legal e política contra a destrución do territorio”.

“Trátase dun plan fundamental e decisivo para frear e construír un auténtico dique de contención ao proceso de degradación do litoral no noso país”, salientou. Esta actuación constituirá, segundo remarcou Pérez Touriño, “a peza definitiva, perdurable e estable da ordenación do litoral de Galicia”.

A medida tomada hoxe polo Consello da Xunta de iniciar o procedemento formal de elaboración e aprobación do Plan de Ordenación do Litoral significa, segundo explicou o presidente galego, unha aposta “para frear o ataque ás nosas costas”.

O presidente galego explicou que o Plan de Ordenación do Litoral vai substituír a Lei de Medidas Urxentes de Protección do Litoral aprobada recentemente no Parlamento como medida cautelar antes da aprobación do plan.

Pérez Touriño esgrimiu que o Plan do Litoral establecerá os criterios, principios e normas xerais para a ordenación urbanística de todo o litoral da costa galega, baseándose en criterios de “perdurabilidade e sustentabilidade”. “O plan preservará e protexerá o noso territorio litoral”, destacou o presidente.

Ademais destes criterios, Pérez Touriño explicou que o plan adaptará a preservación e protección “ás singularidades e especificidades” de cada unha das cinco demarcacións establecidas como plans específicos: a Mariña Luguesa, a Costa Ártabra, a Costa da Morte, as Rías Baixas e os espazos insulares.

Conservación integral do territorio

Estas medidas que hoxe se inician, veñen a sumarse, tal e como destacou o presidente, a outras xa tomadas polo Goberno galego en materia e conservación e protección urbanística e do litoral. Así, referiuse á creación prevista para este mesmo ano da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, actualmente sometida ao informe do consello consultivo. Referiuse ademais ao Plan de Inspección Urbanística actualmente en marcha, así como ao conxunto de apoios ofrecidos aos concellos de Galicia para que poidan desenvolver os seus planeamentos sen custes, contando cos recursos económicos, materias e a cartografía precisa.

O presidente galego resaltou que este amplo abano de medidas executadas pola Xunta de Galicia procurarán conseguir a ordenación do territorio e protección do litoral “cun crecemento harmónico e equilibrado” polo que hoxe se da un paso importante nesta dirección.

Fonte: Xunta de galicia

VN:F [1.9.3_1094]
Rating: 0.0/10 (0 votes cast)
VN:F [1.9.3_1094]
Rating: 0 (from 0 votes)
Comparte esta entrada:
  • Print
  • Digg
  • del.icio.us
  • Facebook
  • Google Bookmarks
  • Bitacoras.com
  • Meneame
  • MySpace
  • Technorati
  • email
  • Twitter
  • LinkedIn

Quizás también te interese: