Concellos sen páxina web.

As medidas para impulsar a administración máis próxima ao cidadán están recollidas na liña de actuación “Modernización da Administración Local”. O texto recoñece que o 80% dos concellos se atopan lonxe dos principais indicadores de uso de das TIC que teñen as cidades, debido principalmente á insuficiencia de recursos. E é que, segundo datos recollidos no traballo de campo do PEGSI, só un de cada tres concellos de menos de 1.000 habitantes ten páxina web.

Neste senso, a Consellaría de Innovación e Industria vén de conceder unha serie de axudas destinadas a fomentar a presenza dos concellos da comunidade autónoma na Sociedade da Información. Con estas medidas preténdese conseguir un investimento total de aproximadamente 2,1 millóns de euros, dos cales Innovación e Industria subvenciona a cada concello até o 75% do seu gasto, o que supón un desembolso total de 1,6 millóns de euros aproximadamente. Con esta actuación lograrase que o 90% dos concellos galegos xa participen na Sociedade da Información.

Estas axudas presentan dous tipos de actuacións segundo o volume demográfico de cada concello. Así, para os concellos que non superen os 6.000 habitantes preténdese que dispoñan dunha páxina web oficial, considerando que este é un medio indispensable para que os cidadáns poidan acceder a toda a información do seu municipio. No caso dos concellos cuxa demografía se sitúe entre os 6.000 e os 35.000 habitantes a Consellaría dotaraos de recursos financeiros para que poidan impulsar novas dinámicas sociais no ámbito da Sociedade da Información, a través da utilización de ferramentas que fomenten a interrelación entre os cidadáns e o achegamento da administración á xente do concello. Trátase con isto, entre outras, que as diversas asociacións poidan dispoñer dun espazo na Rede para promocionar e dar a coñecer as súas actividades.

Novos equipos informáticos

O principal problema para o emprego das novas tecnoloxías, segundo os concellos, é a falta de recursos económicos. Por iso o Plan Estratéxico Galego para a Sociedade da Información prevé varias das medidas para a renovación e dotación de estruturas informáticas fixas nos concellos, a dotación de equipos informáticos e a informatización de procedementos administrativos.

Ademais de infraestruturas, a través do plano porase en marcha un programa formativo específico para a administración local en novas tecnoloxías e implantación de métodos de calidade. Trátase de que os traballadores públicos dispoñan dos coñecementos necesarios para explotar as novas aplicacións.

Fonte: Sociedade da información

VN:F [1.9.3_1094]
Rating: 0.0/10 (0 votes cast)
VN:F [1.9.3_1094]
Rating: 0 (from 0 votes)
Comparte esta entrada:
  • Print
  • Digg
  • del.icio.us
  • Facebook
  • Google Bookmarks
  • Bitacoras.com
  • Meneame
  • MySpace
  • Technorati
  • email
  • Twitter
  • LinkedIn

Quizás también te interese: