A conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, María José Caride Estévez, reuniuse esta mañá coa directiva da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), encabezada polo seu presidente, Xosé Crepo, para analizar o desenvolvemento do Pacto Local nas materias que afectan ao seu departamento. Como punto principal falouse da posta en marcha da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, creada pola CPTOPT e que contará coa colaboración dos concellos. A FEGAMP quere ratificar a súa participación no novo organismo nunha reunión da súa comisión executiva que celebrará esta semana. Tras ese referendo, segundo indicou a conselleira, “esperamos que a próxima semana poidamos firmar o decreto de constitución da axencia, un órgano consorciado entre os concellos e a Consellería de Política Territorial que se encargará fundamentalmente das labores de inspección, reposición da legalidade urbanística e mecanismos de sanción”.

Ademais da axencia, dentro do Pacto Local trabállase tamén, a petición dos concellos, en modificacións da Lei 9/2002, coñecida como Lei do Solo, en aspectos que afectan aos núcleos rurais. María José Caride salientou “a colaboración que se está a producir para que entre todos poidamos acadar un territorio mellor ordenado e con mecanismos que permitan aos concellos desenvolver de forma ordenada o seu planeamento, que faciliten aos concellos adaptar o seu planeamento á lexislación vixente”.

Pola súa banda, Xosé Crespo cualificou a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística como “unha ferramenta moi válida para poder traballar” conxuntamente entre os concellos e a Consellería de Política Territorial. Por iso, insistiu na necesidade de que o organismo “teña os maiores recursos posibles dentro dos orzamentos, dada a actual preocupación polos asuntos urbanísticos, para que vaia polos mellores derroteiros posibles”.

Para o vindeiro ano, os orzamentos da CPTOPT prevén un investimento de 408.000 euros para a posta en marcha da axencia.

Fonte: Xunta de Galicia

VN:F [1.9.3_1094]
Rating: 0.0/10 (0 votes cast)
VN:F [1.9.3_1094]
Rating: 0 (from 0 votes)
Comparte esta entrada:
  • Print
  • Digg
  • del.icio.us
  • Facebook
  • Google Bookmarks
  • Bitacoras.com
  • Meneame
  • MySpace
  • Technorati
  • email
  • Twitter
  • LinkedIn

Quizás también te interese: